Visita guiada ao Centro Cultural Forges con motivo do Día Mundial da Construción Sostible

Data de inicio
23/09/2025
Data de fin
23/09/2025
Categoría Publicación
Modalidade Publicación

Data: 23 de setembro de 2025

Organiza: Cluster da Madeira e o Deseño de Galicia

Hora: 11:00 horas

Lugar: Centro Cultural Forges. Rúa Burón, A Fonsagrada

Descrición: O Cluster da Madeira e o Deseño de Galicia organiza, con motivo do Día Mundial da Construción Sostible, unha visita guiada ao Centro Cultural Forges, obra de Daniel Gómez e Adrián López, de FIRM Architects, para poñer en valor as características sostible do edificio. Na visita guiada, os arquitectos estarán acompañados por José Manuel Ramallo, de Madefon Cooperativa, serradoiro que subministrou gran parte do material da obra, e Héctor Álvarez, de Carpintería Álvarez.

O CMD escolleu esta obra polo esforzo realizado por cumprir cos principios dunha construción sostible, recuperando un edificio existente mediante técnicas de rehabilitación patrimonial. A madeira ten un papel importante na mesma empregando madeira de castaño local certificada PEFC en fachada, carpintería e pavimentos.

Se queres participar na visita guiada, cómpre inscrición.