II Curso Online de Deseño, Prefabricación e Montaxe mediante Entramado Lixeiro de Madeira
Datas: 10, 11, 12, 13, 14, 17, 18, 19, 20 e 21 de Novembro de 2025
Organizan: Cluster da Madeira e o Deseño de Galicia e a Axencia Galega da Industria Forestal
Modalidade: Formación Online en Directo
Descrición: O obxectivo desta formación é introducir a profesionais da construción nas especifidades do deseño e construción con entramado lixeiro de madeira. Trátase dunha formación específica sobre os diferentes tipos ou sistemas construtivos baseados en entramado lixeiro de madeira, as súas diversas posibilidades de composición, a estrutura das súas capas e os diferentes motivos da súa utilización, as etapas de deseño e fabricación. Ademais, a formación inclúe outros aspectos a ter en conta como a loxística, prefabricación, transporte e montaxe, englobando os grados de industrialización da construción.