Faladoiro CMD: Prieto Patiño Arquitectos

Data de inicio
19/11/2025
Data de fin
19/11/2025
Categoría Publicación
Modalidade Publicación

Data: mércores, 19 de novembro

Organiza: Cluster da Madeira e o Deseño de Galicia, coa axuda do Instituto Galego de Promoción Económica

Lugar: Casa do Taberneiro (Rúa San Pedro, 15, Santiago de Compostela)

Hora: 18:00 horas

Descrición: Juan Prieto e Faustino Patiño, do estudo de arquitectura Prieto Patiño, compartirán as solucións empregadas en diferentes intervencións realizadas en madeira. O estudo destaca por empregar a madeira como un material versátil que une técnica e emoción, adaptándose a cada contexto e reivindicando o seu valor contemporáneo na arquitectura galega.


Trala intervención, abrirase un diálogo entre todos os asistentes no que poder compartir, dunha maneira coloquial e cercana, cuestións de interese na construción e rehabilitación con madeira. Non existe máis pretensión que compartir un momento de distensión entre profesionais coas mesmas inquedanzas.

INSCRICIÓNS