Curso Proxectar con sistemas prefabricados de madeira: entramado lixeiro e CLT

Data de inicio
06/10/2025
Data de fin
29/10/2025
Categoría Publicación
Modalidade Publicación

Datas: 6, 8, 13, 15, 27 e 29 de outubro de 2025

Organiza: Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, COAG, e Axencia Galega da Industria Forestal, XERA

Descrición: O curso busca que os alumnos aprendan a desenvolver proxectos de arquitectura con entramado lixeiro de madeira e CLT. Coñecerán a lóxica estrutural de ambos sistemas construtivos para poder desenvolver proxectos de edificacións optimizadas onde a arquitectura e estructura vaian da man. Descubrirá as técnicas, detalles e materiais axeitados para proxectar edificios eficientes, duradeiros e sostibles. 

O curso completarase con dúas visitas de carácter voluntario, que servirán para comprobar, de primeira man, as posibilidades destes sistemas construtivos. 

Máis información e inscricións