Curso de Fundamentos da Construción con Madeira
Data de inicio
15/09/2025
Data de fin
24/09/2025
Categoría Publicación
Modalidade Publicación
Datas: 15, 17, 22 e 24 de setembro de 2025
Organiza: Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia e a Axencia Galega da Industria Forestal
Modalidade: Online
Descrición: O obxectivo do curso é que os alumnos adquiran os coñecementos básicos necesarios para a utilización da madeira como material construtivo e estrutural tanto para obra nova como rehabilitación.
Trátase dun curso introdutorio que se complementará con outro sobre construción con elementos prefabricados de madeira: entramado lixeiro e CLT.