Museo de Historia Natural Luis Iglesias
Ficha técnica
Ana Castro Alonso
Débora Fresno Rodríguez
Magdalena Portela Campos
Paulino Sánchez Chao
Mª Teresa Moreira e Ribeiro
Estruturas: Antonio Reboreda Martínez
Instalacións: Obradoiro Enxeñeiros
Universidade de Santiago de Compostela
UTE Acciona-TUCONSA
Santiago de Compostela
2008
501-5000 m2
Web César Portela
Descrición
"O lugar é parte da obra e xoga un papel primordial no proceso". Richard Long.
Préstase a máxima atención e respecto ás coleccións de Xeoloxía, Botánica e Zooloxía que constitúen os fondos do Museo de Ciencias Naturais de Galicia, deixando aberta a posibilidade de acoller novas coleccións ou os novos usos que un edificio destas características pode demandar. Querían que a presenza deste edificio fora semellante á dun pequeno animal que un día estivera nesa finca-parque de Vista Alegre, en Santiago de Compostela, que escollera o seu sitio xunto ao río que a bordea e, alí, aposentando sobre o terreo, crecería ata acadar o seu actual tamaño, desenvolvendo e articulando as súas nítidas e peculiares formas.
O edificio, de traza lonxitudinal e baixa altura, estrutura os seus espazos expositivos dacordo coas catro principais seccións do museo.
O volume do museo concíbese como un agrupamento de cubos que, no seu conxunto, percíbese como un artefacto en movemento.
Toda a pel exterior do edificio é de madeira, o que facilita a súa integración na paisaxe arbolada do parque e aporta ao edificio un significado de lixeireza e transitoriedade. As superficies de vidro, modulan a entrada de luz mediante lamas horizontais de madeira que, ademais de control lumínico, desdebuxan os amplos ocos na continuidade do material que cubre as fachadas. A sensación de lixeireza que ofrece o museo acentúase coa solución do contacto do edificio co terreo, levemente separado do mesmo, como se flotase sobre céspede do parque.